Aqua-Mutatio

 

Proxecto: Aqua-Mutatio: xeración hidroeléctrica e riscos da meteoroloxía extrema en Galicia a partires de múltiples escenarios de cambio climático

 

Financiado por: Xunta de Galicia

 

Investiagora principal: Laura de la Torre Ramos

 

Investigadores participantes:

  • Juan Antonio Añel Cabanelas 
  • Alejandro Jacobo Cabrera Crespo 
  • Manuel Ferández González 

Descripción

No presente proxecto de investigación levaranse a cabo un número elevadísimo de simulacións climáticas para varias décadas de duración, utilizando o coñecido sistema ClimatePrediction.net en colaboración coa University of Oxford (Reino Unido). As simulacións realizaranse cun modelo climático rexional aniñado nun planetario. Os resultados aplicaranse posteriormente ó estudo dos riscos para a producción de hidroelectricidade e planificación enerxética e o estudo dos riscos dos eventos meteorolóxicos extremos sobre as infraestructuras empregando un modelo hidrodinámico de partículas DualSphysics. Obteranse conclusións e resultados de utilidade para a planificación de uso de recursos enerxéticos, fiabilidade e predecibilidade de fontes de enerxías renovables, e para a planificación de impactos nas concas dos ríos. 

Líneas de Investigación para trabajos Fin de Grado en Ciencias Ambientales