Plan de traballo

 

O plan de traballo estrutúrase nun rango temporal de 6 meses para a súa completa realización,  aínda que está pensado e deseñado para ser adaptable a outro rango temporal atendendo aos prazos que se vaian establecendo:

 

Fase 1: Selección de variábeis climáticas:

Farase unha revisión bibliográfica, así como consultas e entrevistas con expertos do sector agrícola, tanto a nivel de investigación como de traballo de campo, coa fin de seleccionar aquelas variábeis mais relevantes para o caso de estudo.  Isto incluirá as Tarefas 1.1 e 1.2 e realizarase no primeiro mes do proxecto.

Así mesmo, nesta fase, tamén se recompilarán e analizarán os datos históricos dispoñibles de ditas variables, abordando a Tarefa 1.3, o que se levará a cabo no segundo mes do proxecto. 

 

Fase 2: Aplicación de técnicas de baixada de escala:

Recompilación de datos do CMIP6, procesado con técnicas de baixada de escala para mellorar a resolución sobre a área de estudo, e avaliación das melloras obtidas na representatividade das variábeis. Este proceso incluirá as Tarefas 2.1 e 2.2 e farase unha vez seleccionadas as variábeis de interese, polo que se estima que se realice entre os meses 2 e 3 do proxecto. 

 

Fase 3: Mellora dos datos mediante a aplicación de técnicas de intelixencia artificial:

Nesta fase implementaranse redes neuronais co obxectivo de que sexan capaces de mellorar os datos de modelado climático de alta resolución obtidos ao longo da fase 2, capturando así a parte da variabilidade climática local que os modelos climáticos non son capaces de modelar de xeito adecuado. Este procesado comezarase paralelamente coa última parte da fase 2, ocupando os meses 3, 4 e 5 do proxecto. A Tarefa 3.2, focalizada na validación dos resultados obtidos con esta implementación, desenvolverase nos meses 4 e 5 do proxecto.

 

Fase 4: Creación dunha base de datos climática:

Nesta derradeira fase, que transcorrerá no últimos 2 meses do proxecto, estruturaranse e almacenaranse os datos obtidos á vez que se irá desenvolvendo unha interface de acceso para dispoñer os datos a todo aquel que queira consultalos e utilizalos. Tamén se disporán os datos en repositorios públicos. Esta fase engloba a Tarefa 4.1, focalizada na estruturación e almacenamento dos datos en formatos accesibles,  a Tarefa 4.2, de desenvolvemento da interface de acceso e a Tarefa 4.3, consistente en dispoñer os datos en repositorios públicos, o que se realizará no derradeiro mes do proxecto.