O principal obxectivo desta proposta é a creación dunha base de datos de proxeccións futuras de clima mariño (ondas e vento), que abarcará todo o Atlántico Norte contando cunha alta resolución espacial e temporal na costa galega.
Os datos xerados empregaranse para 3 aplicacións concretas:
1. Coñecer os valores extremos de clima mariño ós que estarán sometidas as estruturas para o aproveitamento acuícola no futuro en toda a costa galega.
2. Cuantificar a enerxía das ondas nas áreas definidas no Plan de Ordenación do Espazo Mariño (POEM) para a instalación de parques eólicos mariños do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) considerando diferentes convertedores de enerxía das ondas e analizar a hibridación ca enerxía eólica mariña.
3. Análise das cargas de fatiga que deberán soportar as turbinas eólicas flotantes no futuro nas áreas do POEM.