Obxectivos

Obxectivo xeral

Coñecer a influencia do cambio climático sobre a incidencia dos patóxenos que provocan o mildio (Phytophtora infestans) e a alternaria (Alternaria solani) nos cultivos de pataca en Galicia empregando datos de alta resolución espacial de diferentes escenarios de cambio climático.

 

Obxectivos específicos:

1. Obter datos fiables de alta resolución espacial para toda Galicia das variables temperatura, humidade e precipitación partindo dun multimodelo do proxecto CMIP6.

– Tarefa 1.1: Redución de escala dos modelos globais de CMIP6 para Galicia.

– Tarefa 1.2: Validar os datos simulados para as variables de interese: humidade e temperatura a 2 metros.

 

2. Avaliar as condicións favorables para a proliferación do mildio e a alternaria no futuro próximo (2030-2059) baixo dous escenarios de cambio climático.

- Tarefa 2.1: Aplicar o modelo Infection Pressure para o mildio (Phytophtora infestans).

- Tarefa 2.2: Aplicar o modelo P-Days para a alternaria (Alternaria solani).

 

3. Cartografar o impacto do cambio climático sobre a proliferación do mildio e a alternaria.

- Tarefa 3: Elaborar mapas comparando as condicións favorables no período histórico (1985-2014) e no período futuro (2030-2059).

 

4. Difusión dos resultados.

- Tarefa 4: Creación dunha páxina web cos resultados do proxecto e un visor que permita visualizar os principais resultados.