Plan de traballo

 

A continuación se detallan as tarefas para acadar os obxectivos do proxecto:

 

Tarefa 1: Obter datos fiables de alta resolución espacial para toda Galicia das variables temperatura e humidade a 2 metros partindo dun multimodelo do proxecto CMIP6.

– Tarefa 1.1: Redución de escala dos modelos globais de CMIP6 para Galicia.

– Tarefa 1.2: Validar os datos simulados para as variables de interese: humidade e temperatura a 2 metros.

 

Tarefa 2. Avaliar as condicións favorables para a proliferación do mildio e a alternaria no futuro próximo (2030-2059) baixo dous escenarios de cambio climático.

 Tarefa 2.1: Aplicar o modelo Infection Pressure para o mildio (Phytophtora infestans).

Tarefa 2.2: Aplicar o modelo P-Days para a alternaria (Alternaria solani).

 

- Tarefa 3: Elaborar mapas comparando as condicións favorables no período histórico (1985-2014) e o período futuro (2030-2059).

 

- Tarefa 4: Creación dunha páxina web