Resultados

 

1. BASE DE DATOS

Para levar a cabo o proxecto xeráronse datos cos que se conformou unha base de datos que está aberta a comunidade científica no repositorio Zenodo.

Enlace: https://zenodo.org/records/17120861

Esta base de datos inclúe proxeccións futuras baixo o escenario intermedio de cambio climático para o periodo 2030-2059 e tamén inclúe os datos para toda Galicia do periodo histórico 1985-2014. Considera as variables temperatura e humidade relativa, polo tanto ten potencialidade para analizar diferentes cuestións ligada o cambio climático e o seu impacto en cultivos en Galicia. 

 

2. VISOR DOS RESULTADOS

Co propósito de favorecer a visualización dos principais resultados do proxecto creouse o seguinte visor, que da acceso ós resultados nas dúas principais comarcas productoras de pataca en Galicia: Bergantiños e A Limia. 

NOTA: Actualmente os resultados do proxecto sobre o impacto do cambio climático na proliferación dos patóxenos da pataca están baixo revisión na revista Agricultural Systems, por este motivo non se amosan a totalidade dos resultados. Os resultados estarán plenamente dispoñibles unha vez se publiquen os resultados, que se fará en acceso aberto a comunidade científica.